top of page

Varadero vela lixeira

IMG_5528.HEIC
distancias.png

O club conta cunha zona varada habilitada na praia da Magdalena, situada na zona anexa ao paseo peonil ao final do mesmo.

Este servizo é exclusivamente para socios e está destinado principalmente a embarcacións de vela lixeira das frotas do club (Catamaráns, Laser, Finn e Optimist). Tamén hai baldas para almacenar kayaks e paddle surf. Para calquera outra embarcación é necesaria a autorización previa do Club.

 

A época de vixencia da zona varada vai do 15 de xuño ao 15 de setembro, e inclúe unha toma de auga para endulzar as embarcacións ao final da navegación.

Hai 20 prazas habilitadas inicialmente. Para calquera dúbida sobre este servizo, debes poñerte en contacto co club a través do formulario desta web ou por correo electrónico.

bottom of page