O CLUB
O noso obxectivo é promover a práctica da vela en todas as súas disciplinas, achegando este deporte a todos e practicándoo no inmellorable polideportivo natural que nos ofrece a Ría de Ares.
O club naceu en 2021 en Cabanas, a praia onde ten a súa sede e desde a que presta os seus servizos.
Ofrécense diversos servizos, como Escola de Vela, aluguer de embarcacións, participación como tripulante en veleiros de primeiro nivel e asistencia a regatas con representación do club.
Aínda que a maioría dos nosos servizos e demanda están relacionados coa vela lixeira e concéntrase na tempada de verán, o club presta os seus servizos durante todo o ano.
A asistencia a regatas non para no inverno, sendo esa época do ano moi propicia para adquirir experiencia, con probas cada dúas semanas, e unha gran número de barcos do club competindo neles.

Visita a nosa sección de servizos para coñecer máis sobre as nosas ofertas, prezos, datas e condicións.
Estaremos encantados de axudarche!