top of page

OPTIMISTA

opti esp.jpg

Optimist é unha clase internacional de vela lixeira deseñada polo estadounidense Clark Mills en 1947.

Está dirixido a nenos de entre seis e quince anos. É un barco sinxelo, estable e, ao mesmo tempo, competitivo.

O club conta con 3 optimistas tipo escola ideais para que os máis pequenos se inicien no mundo da vela, de 7 a 14 anos, navegando inicialmente dous nenos no mesmo barco e posteriormente sós. Este barco permite o desenvolvemento da aprendizaxe da navegación dun xeito seguro, podendo navegar en solitario con intensidades de vento de ata 25 nós.

bottom of page