top of page

FINN

Trátase dunha clase sénior, destinada a mariñeiros a partir de 75 kg de peso, e cuxos barcos son moi resistentes, sendo competitivos durante máis de 10 anos sen necesidade de grandes actualizacións.

O club conta entre os seus socios con membros da clase Finn Galicia, unha clase moi familiar e unida, centralizada no Golfo Ártabro, fundamentalmente no Real Club Náutico da Coruña, co que mantemos unha boa relación e organizamos adestramentos e regatas para este tipo de bos amigos que chegan ás 15 unidades só na nosa comunidade.

bottom of page