CATAMARAN

Flota de catamaráns - F18. O F18 é un catamarán dobre con vela maior, foque e gennaker de 5,5 m de eslora e 2,6 m de manga. É a clase máis numerosa e líder dentro dos catamaráns dobres. Réxese por unha "Box-Rule" moi ríxida que permite limitar os custos dos barcos e estes son duradeiros no tempo. O peso mínimo de cada catamarán completo é de 180 kg, e o peso mínimo da tripulación é de 135 kg.
É o máis grande do clube, con moita historia na praia de Cabanas desde que chegou o primeiro catamarán alá polo ano 1975. Cun crecemento exponencial e unha flota que acadou un punto clave en 2007 coa celebración da Eurocopa. Actualmente conta cunhas 20 unidades, a maioría da clase F18, sendo moi vistosa durante todo o verán cando se adestra diante da praia, en xeral con bo tempo e estando moi concorrida de turistas.



